Cervo e San Ciprián celebran o 17 de maio o Día das Letras Galegas con moitas actividades. Haberá música, teatro e gastronomía.

En Cervo e San Ciprián celébranse mañá, 17 de maio, unha serie de actividades con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas.

A partir das 18:00 horas nas Escolas Vellas, de Cervo, haberá diversos actos en torno á vida e obra de Antón Fraguas, actuarán as cantareiras Cordenaia, o grupo de teatro Calavera presentará a obra O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, e haberá un obradoiro de chocolate para nenos e nenas. Organiza Airiños do Xunco, e colaboran o Concello de Cervo e a asociación cultural Os Aventados.

Ás 20:30 horas na praza dos Campos, de San Ciprián, servirase panceta, chourizo e salchichas á brasa por parte da asociación Rebolaxe. Ás 21:00 horas, actuarán Sete Meigas e un Meigallo, Dambara e Misturos, e ás 22:00 horas, ofrecerá un concerto Timparrandela. Organizan o Concello de Cervo e A Rebolaxe.