Chega unha nova edición do Sanci Tapeando. Seis locais ofrecerán tapas especiais en San Ciprián todos os xoves do 17 de outubro ao 27 de febreiro.

Este xoves da comezo en San Ciprián unha nova edición de Sanci Tapeando.

Seis establecementos ofrecerán todos os xoves ata o 27 de febreiro as súas tapas ao prezo de 2 euros. Entre todos os asistentes sortearanse tres vales por importe de 250 euros, 150€ e 100€ para gastar nos locais participantes.

Os locais de hostalería que se dan cita este ano en Sanci Tapeando son:  Pizzería O Trasgo, Bar Maruxaina, Mesón A Bodega, Terraza O Noso Lar, Bar O Faro e Pizzería Las Titas.

O Concello de Cervo colabora na organización deste evento.