A Concellaría de Xuventude e a OMIX de Ribadeo organizan unha Festa de Samaín o 2 de novembro. A entrada será de balde.

A Concellaría de Xuventude e a OMIX  organizan unha Festa de Samaín que terá lugar o venres, 2 de novembro, no pavillón de deportes a partir das 16:30 horas. A entrada será de balde.

Haberá obradoiros de decoración de cabazas, maquillaxe de terror, elaboración de bruxas de pau, baile de disfraces Truco ou Trato con discoteca móbil, xogos tradicionais, desfile, presentación de disfraces e photocall. 

Para participar no obradoiro de decoración de cabazas será preciso levar a cabaza e utensilios para limpala.

As persoas interesadas poden obter máis información na OMIX - Casa da Xuventude, en Antonio Otero, 15, ou no seguinte número de teléfono 982 129 889.