A contacontos Paula Carballeira actuará nas parroquias ribadenses de Ove e Vilaframil o 19 e o 20 de febreiro.

A Concellaría de Cultura de Ribadeo continúa desenvolvendo o seu programa Cultura nas Parroquias 2022.

No marco desas actividades esta fin de semana actuará a contacontos Paula Carballeira.

O sábado, 19 de febreiro, estará na Escola de Ove e o domingo 20 na Escola de Vilaframil.

As dúas actuacións darán comezo ás 17:30 horas.

Esta actriz e escritora galega conta cunha nutrida obra de relatos infantís e xuvenís dende hai tres décadas que comezou a súa carreira.