Culturactiva Producións chega o 9 de novembro a Viveiro con Saabor!!, unha comedia para o público familiar.

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro acollerá este sábado, 9 de novembro, ás 18:00 horas, unha comedia para o público familiar, titulada Saabor!!.

A obra recibiu o Premio do Público de Festiclown 2018. Culturactiva Producións presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei nesta proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.

Saabor!! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público co mundo da gastronomía. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos cociñando en directo no propio show.