"Divas de Diván, contos eróticos para abrir boca" chega o 18 de setembro á Casa da Cultura de San Ciprián.

A Casa da Cultura, de San Ciprián, acolle o venres, 18 de setembro, o espectáculo Divas de Diván, Contos Eróticos para abrir boca.

A representación terá lugar ás 20:00 horas, con entrada de balde. O aforo será limitado como medida de prevención do covid e é obrigatorio o uso de máscara.

A obra está protagonizada por Vero Rilo, Ángeles Goás e Carmen Conde, que se xuntan arredor dunha mesa para, mentres pican queixo de tetilla, comparten uns chouriciños e proban que pimentos pican e cales non, contarnos historias da erótica do noso país.