Do 1 ao 17 de setembro está aberto o prazo de inscrición para as escolas deportivas municipais de Alfoz.

Desde este mércores, día 1, ata o 17 de setembro na Casa do Concello de Alfoz estará aberto o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas municipais, que contan coas modalidades de patinaxe, fútbol e fútbol sala e son gratuítas. Son para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.

As escolas deportivas municipais de Alfoz están subvencionadas polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.