Do 19 ao 21 de xullo celébranse na parroquia xovense de Lago as festas na honra da Virxe do Carme e San Antón.

A asociación de festexos A Granda organiza as festas na honra da Virxe do Carme e San Antón que se celebrarán na parroquia de Lago, no concello de Xove, os días 19, 20 e 21 de xullo.

O venres 19 ás oito da tarde no campo da fest, haberá unha gran churrascada a prezos populares á que están citados todos os xovenses e visitantes. Despois celebrarase unha verbena coa orquestra Salsarena e o grupo Arizona. A organización ten previsto aparcamentos no entorno do campo da festa.

O sábado 20 será o día dedicado á Virxe do Carme. Haberá sesión vermú co grupo Alma Latina, que tamén estará na verbena da noite co grupo Tapyoca.

O domingo 21 será o día dedicado a San Antón. Ás 13:30 horas celebrarase a misa e despois haberá procesión. Ao remate terá lugar unha sesión vermú prolongada co Trío Lembranza.