Do 20 ao 23 de xuño terá lugar en Burela o concurso de tapas que organiza o CCA. Participarán 10 locais e sortearanse 150 euros en vales de compra.

O Centro Comercial Aberto de Burela quere recibir o verán da mellor forma posible, organizando un concurso de tapas entre os locais hostaleiros da vila. En concretoserán dez os establecementos participantes: Arenal, A Marquesa, A Casa da Avoa, Casa Miranda, CerveceríaKiko, ConXeito, Hotel Nordés, Hotel O Sargo, Palacio de Cristal e Restaurante Sargo. Todas as persoas interesadas poderán desfrutar desta actividade desde a tarde do xoves 20 de xuño ao mediodía do domingo 23.

O concurso consistirá en dous premios: un concedido por un xurado profesional que outorgará o premio da mellor tapa do verán 2019; e os propios clientes, que poderán votar á súa peza favorita e elixirán o premio popular. Tanto os trípticos como as urnas de votación estarán colocadas nos establecementos participantes.

O custe da tapa é de 2 euros, e os trípticos de votación tamén se poden selar para certificar que se visitan os 10 locais. Entre as persoas que proben todas e cada unha das creacións gastronómicas, farase un sorteo de 150 euros en vales de compra nos establecementos de CCA Burela.

A asociación de comerciantes e hostaleiros quere seguir na creación dun comercio e hostalaría máis fortes, facendo medrar o sector servizos e recibir con moitas gañas un verán no que se esperan que moitas persoas de fóra de Burela veñan de visita. Porque unha vez máis e entre todos e todas, seguimos medrando xuntos.