Do 25 ao 27 de maio terán lugar as festas de Vilamar, en Barreiros, na honra de San Xulián.

A parroquia de Vilamar, no concello de Barreiros, celebrará as súas festas na honra de San Xulián os días 25, 26 e 27 de maio.

O venres 25 a partires das 21:30 horas haberá unha pulpada e churrascada servida por Rochela, de Vilalba. Ás 22:30 horas dará comezo a verbena amenizada pola Orquestra Principal e o Grupo Fénix.

O sábado 26 ás 13:30 horas celebrarase a misa e a procesión. Despois haberá a sesión matinal coa orquestra Samba, e ás 23:00 horas terá lugar a verbena coas orquestras Samba e Panorama.

E xa o domingo 27 ás 13:30 horas haberá a misa e procesión, seguida da sesión matinal co Dúo Epo-K.

A organización comunica que haberá amplos aparcamentos e o campo estará cuberto con carpa. Colabora con este evento o Concello de Barreiros.