Do 26 de outubro ao 25 de novembro terá lugar o Ciclo Teatro de Outono, que organiza o Concello de Alfoz.

O Concello de Alfoz organiza o Ciclo de Teatro de Outono que comezará o venres, 26 de outubro, coa sesión de contacontos a cargo do grupo A Biblioteca Secreta, con Marisa Irimia como narradora. Será ás 15:00 horas e inclúese no programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

O sábado, 27 de outubro, o grupo A Peneda representará a obra A cea dos idiotas. Terá lugar ás 19:00 horas, dentro do ciclo Buxiganga da Deputación de Lugo.

O 2 de novembro o grupo Elefante Elegante presentará a obra Asubíos, ás 19:00 horas, e incluído no programa Falaredes da Xunta de Galicia.

O 3 de novembro, o grupo Unidade do Zono representará a obra Tren a Nápoles, ás 19:00 horas, dentro do ciclo Buxiganga da Deputación de Lugo.

O 10 de novembro o grupo Os pícaros de Lagoa, presentará a obra Azoreira, república independente, ás 19:00 horas.

O 18 de novembro o grupo Teatro Monfortino porá en escena a obra Os intereses creados, ás 18:00 horas, e incluído no ciclo Buxiganga da Deputación de Lugo.

O ciclo de Teatro de Outono Alfoz 2018 rematará o 25 de novembro, coa actuación do grupo Ollomao que presentará Enciclopedia Álvarez, ás 18:00 horas.

Todas as representacións terán lugar no centro sociocultural de Alfoz.