Do 3 de novembro ao 15 de decembro poderase visitar na Casa da Cultura, de Burela, unha mostra de fotos do Club Imaxe.

Mañá venres, 3 de novembro, na sala de arte da Casa da Cultura terá lugar a inauguración dunha mostra do Club Imaxe de Burela.

Nesta exposición poderán verse fotos feitas polos socios do Club Imaxe. Son un total de 40 instantáneas de Burela e A Mariña as que conforman esta mostra que chega á súa 25 edición.

A mostra permanecerá na Casa da Cultura de Burela ata o vindeiro 15 de decembro, e poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.