Do 30 de setembro ao 2 de outubro celebrarase a Festa do Ramo no Alto do Cruceiro, na parroquia xovense de Xuances.

Esta Festa do Ramo está organizada pola Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro por décimo cuarto ano consecutivo. Terá lugar o venres 30 de setembro, sábado 1 e domingo 2 de outubro no Alto do Cruceiro. 

Esta festa foi recuperada despois de 14 sen celebrarse. Será no Campo da Festa Onofre Louzao, un recinto inaugurado hai cinco  anos en honra de Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 7 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Desde a organización sinalan que “ainda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos dunha gran carpa. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa”.
 
En canto ao amplo programa de actividades, destaca a celebración da Festa dos Callos na súa décimo cuarta edición o venres 30 de setembro a partires das 8 da tarde. Os organizadores din que “se trata dunha festa gastronómica, dun produto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos é a seguinte: os asistentes polo módico prezo de 6 euros van poder degustar unha abundante ración de callos, pan e viño. En total contaremos con máis de 1000 racións, as cales esperamos que se esgoten. Para conseguir estas racións no mesmo lugar da festa contamos cun posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 6 euros. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bo programa de baile a partires das once da noite, amenizado pola orquestra Ritmo Joven e unha Disco Móvil.
 
O sábado 1 de outubro haberá:
- ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión.
- ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do Grupo Atenas.
-ás 22:30 horas: Verbena co Grupo Atenas  e a Discomóvil Conxuro.

Para rematar a festa o domingo 2 de outubro está programada: 
-ás 14:00 horas: Sesión Vermú co Dúo Zafiro.

Para rematar, a Comisión quere darlle as grazas a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que, de forma desinteresada, colaboran coas nosas Festas: Concello de Xove, comercios da zona e un especial agradecemento para aos veciños e veciñas.