En Burela terá lugar un curso de monitor de fútbol sala entre o 5 de xuño e o 6 de xullo. A inscrición está aberta.

A Escola de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol organiza un curso de monitor de fútbol sala que se celebrará en Burela e dará comezo o día 5 de xuño.

Este curso rematará o 6 de xullo e desenvolverase os luns, mércores e xoves, en horario de 20:00 a 23:00 horas, e os sábados de 9:30 a 14:30 h.

A inscrición xa está aberta e pode realizarse online a través do apartado da Escola na web www.futgal.es. Tamén se pode contactar coa Escola de Adestradores no número de teléfono 981 900 600 ou no correo electrónico escueladeentrenadores@futgal.es.