En San Ciprián regresa o Sanci Tapeando. Sete locais hostaleiros ofrecerán as súas creacións todos os xoves. Haberá premios.

Este xoves, 1 de outubro, regresa Sanci Tapeando coa degustación de diferentes receitas culinarias en 7 locais hostaleiros da vila. O prezo será de 2 euros. Haberá 2 premios de 180 e de 100 euros en vales para gastar nos locais participantes nesta cita gastronómica que se desenvolverá todos os xoves de outubro en San Ciprián. 

A proposta para este primeiro día da nova tempada é:
- Café bar O Faro: flamenquín con cebola caramelizada
- Mesón A Bodega: desmigado de peixe
- Café Bar Maruxaina: filloas recheas de ourizo
- Pizzería O Trasgo: taquiños de polo con dúas salsas
- Cervecería Las Titas: delicias de xamón serrano
- Terraza O Noso Lar: bacallau á nata
(Cervecería O Encontro tamén se suma á iniciativa pero a partir do xoves 15 de outubro incluído)

As fotografías das tapas de cada xoves serán subidas ao perfil de facebook de Sanci Tapeando a mesma semana.