En Xove a Cabalgata dos Reis Magos sairá das inmediacións do campo de fútbol. Ao remate haberá unha festa infantil no pavillón de deportes.

Os Reis Magos en Xove visitarán a residencia da Terceira Idade antes de comezar a cabalgata ás 19:00 horas. A comitiva real sairá da nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo de Fútbol Municipal e continuará pola rúa Acceso Grupo Escolar, a avenida Deputación, rúa Doutor Baamonde Illade e Camiño Real ata chegar ao Pavillón dos Deportes. Despois os Reis estarán cos nenos e nenas recollendo cartas e sacándose fotos. Rematará a tarde cunha festa infantil no pavillón coa Discoteca Móbil Decibelios.

Se por cuestións meteorolóxicas non pode realizarse a Cabalgata, trasladarase toda a actividade ao Pavillón dos Deportes onde terá lugar o encontro dos Reis Magos con todos os nenos e nenas.