En Xove terá lugar do 9 ao 13 de abril o XXXI Curso de Música de Semana Santa, que inclúe clases e concertos.

Prestoxove organiza a XXXI edición do Curso de Música Semana Santa que se celebrará os días 9, 10, 11, 12 e 13 de abril, patrocinado polo Concello de Xove.

Baixo a dirección de Xan Carballal, este curso dará comezo o 9 de abril con clases de cordas e vento polas mañás e durante as tardes o grupo infantil e cámara. As xornadas desenvolveranse de 10:30 a 20:00 horas e as clases serán impartidas por Nazaret Canosa, Nara Carballal, Saúe Canosa e Benjamín Iglesias.

O martes 12 ás 18:00 horas celebrarase un concerto de cámara e o mércores 13 tamén ás 18:00 horas, haberá un concerto de clausura. Ambos terán lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove.