En Xove terá lugar o 1 de abril a XII Festa do Lacón, que organiza a Asociación Cultural Saíñas. Colabora o Concello xovense.

A Asociación Cultural Saíñas de Xove, en colaboración co Concello, organiza a XII Festa do Lacón que terá lugar o vindeiro sábado, 1 de abril.

Esta festa celebrarase no pavillón municipal de deportes a partir das oito e media da tarde.

O prezo da ración será de 9 euros, pero si se retiran os tíckets anticipadamente será a 8 euros. A venda anticipada é en Estética Marta. O menú está composto de sopa, pataca, chourizo, lacón, pan, bebida e inclúe chocolatada. Haberá sorteos.

A xornada completarase con festa rachada a partires das 23:00 horas con Zalex.