A escritora Lucía Ferro presenta o 16 de setembro o seu último libro na biblioteca municipal de Barreiros.

O Concello de Barreiros organiza para este sábado, 16 de setembro, ás 20  horas na biblioteca pública municipal a presentación do libro ‘En Brandán’ da escritora barreirense Lucía Ferro.

Segundo conta a autora, “a obra é unha novela negra no que é a estrutura e o seu desenvolvemento argumental. Pero despois, a maiores, ten bastante humor, os personaxes son moi normais, son xente que atopas nun pobo, nunha vila. Entón tamén atopas unhas conversas máis naturais, cun algún tabú que outro que ou ben se fala directamente ou ben se deixa entender. E logo ten tamén de parte curiosa que dá un aire a obra de teatro, porque cando comecei a escribilo fun poñéndome a min mesma o reto de mellorar as conversas. Así que empecei centrándome máis aí e digamos que iso acabou por facer que sexan o que ten máis peso no libro”.
 
Na biblioteca pública municipal de Barreiros xa hai exemplares dos libros de Lucía Ferro, tanto esta última novidade como o seu primeiro libro: ‘Resaibo amargo’. Ambos están a disposición dos usuarios/as.