Está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de adultos do Concello de Barreiros. Para as dos menores comezará o 25 de setembro.

Co fin de continuar na senda de ofertar actividades deportivas a crianzas e maiores para potenciar os hábitos de vida saudables e activos, o Concello de Barreiros vén de programar unha serie de actividades encadradas dentro das Escolas Deportivas Municipais para este período 2023-2024.

ACTIVIDADES PARA MAIORES (+16 ANOS)
- Ximnasia de Mantemento
- Espalda saudable
- Ioga
- GAP
- Zumba

ACTIVIDADES PARA MENORES
- Atletismo
- Patinaxe
- Fútbol sala
- Surf
- Natación
- Kárate

O venres 22 publicarase toda a información das escolas para menores na web municipal. O período de inscrición nas escolas deportivas dos menores abrirase o 25 de setembro. 
E o luns 25 haberá unha reunión informativa á que se poden achegar todas aquelas familias interesadas en como será o funcionamento das escolas e onde se resolverán as dúbidas que xurdan.
Toda a información e a ficha de inscrición nesta ligazón https://www.concellodebarreiros.gal/gl/servizos/deportes