Este venres, 2 de febreiro, celébrase na Pontenova unha xornada sobre nutrición e empeza unha actividade de ximnasia de mantemento

A Casa da Cultura da Pontenova acollerá desde este venres, 2 de febreiro, unha actividade de ximnasia de mantemento de 17:00 a 18:00 horas, que se desenvolverá nese mesmo horario os seguintes venres. A inscrición pode facerse a través dalgún destes teléfonos: 982.34.22.77 ou 659.98.84.51. É unha actividade de promoción do deporte que se inclúe no programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia promovido pola Deputación de Lugo.

Dentro deste mesmo programa tamén este venres, 2 de febreiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova terá lugar unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables.