A II Gala do Deporte de Lourenzá celebrarase o 22 de setembro. Deputación de Lugo e Concello premian o esforzo dos clubs e dos deportistas.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentou este luns a II Gala do Deporte de Lourenzá, que terá lugar o vindeiro venres 22 de setembro, a partir das 20:00 horas,no Pavillón Municipal do Concellomariñán. No evento premiarase aos mellores equipos e deportistas laurentinos da tempada 2016/2017.

O organismo provincial colabora co Concello de Lourenzá na organización desta cita cunha achega de 8.000 euros, coa que tamén contribúe á celebración doutros eventos deportivos no municipio como o XXI Día da Bici, a VIII Carreira Val das Fabas 2017, a Marcha Cicloturista ou aMilla Popular Concello de Lourenzá.

Rivera Capón subliñou que “falar de Lourenzá é, sen dúbida, falar de deporte. Ao longo do ano colaboramos con diferentes iniciativas que promoven a práctica deportiva no municipio, especialmente entre a mocidade, pois sabemos que na base está o futuro do Concello e da provincia. Estagala é un un recoñecemento ao esforzo, á dedicación, ao traballo e á superación que caracteriza aos deportistas do municipio, uns valores dignos de ser encomiados e que dende logo nos enchen de orgullo”.

Pola súa parte, López García engadiu que “dende o Concello decidimos organizar unha nova edición da Gala do Deporte en Lourenzá como recoñecemento aos méritos deportivos. Así mesmo, comprometémonos a apoiar e fomentar a práctica do deporte entre a veciñanza laurentina, xa que é un dos piares da xuventude de hoxe en día”.

No transcurso da gala iranse proxectando vídeos sobre os deportistas e clubs galardoados e terá lugar a entrega de premios da man da Alcaldesa e do Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva. O presentador desta segunda edición da gala será o xornalista mariñán Anxo Rivas Pardeiro.

Clubs e deportistas premiados
A)- Club: Escolas Deportivas Lourenzá

Sección Basket
- Equipo Basket Infantil: Subcampión Provincial De Liga Provincial

Sección Fútbol Sala - Fútbol
- Equipo Prebenxamín:Campión Liga. Subcampión Copa. 3º Provincial De F. Sala
- Equipo Benxamín: Subcampión Liga, Subcampión Copa Provincial
- Equipo Alevín: Campión Liga. Subcampión Copa. Subcampión Provincial F. Sala
- Equipo Infantil: Nerea Lombardero Reimondo (A única nena participante nesta liga)
- Equipo Xuvenil: Título Individual de Julio Prado López
- Equipo Afeccionado: Iván Recalde Docampo (Máximo goleador da Liga)
- Lucas Bouso González: Traxectoria Deportiva

Sección Porteiros
- Á traxectoria deportiva a Adrián Cabaleiro Rivas

Sección Patinaxe
- Equipo subcampión provincial

Sección Atletismo
Pista:
- Ainara Rodríguez. Subcampiona galega 300 lisos pista cuberta cadete. Participación Campionato España aire libre e pista cuberta.
- Fernando VallinesFernánez. Bronce infantil en peso autonómico aire libre.
- Iria Rodríguez Ares: Sucampiona galega de 1000 lisos alevín aire libre
- Carlos Docampo Iglesia. Campión galego salto altura aire libre e pista cuberta
- Mariña Salvatierra Otero. Bronce 1000 lisos autonómico pista cuberta
- Manuel Rodríguez. García. Bronce 2000 lisos Pista cuberta infantil
- David MartínezJaneiro: Bronce salto altura Galego pista cuberta alevín
- Carmen García Vázquez: Bronce salto altura alevín Galego aire libre
- Benito Pérez Goás: Bronce salto de altura autonómico xuvenil.

Trail:
- XanaRodríguez. Campiona galega cadete de montaña
- Cristian Piñeiro. Subcampión galego cadete de montaña
- Carmen López Diniz.Líder da Copa Galega de Montaña Júnior

Campo a través:
- Equipo Alevín Feminino: Iria Rguez, Noa Valiña, Diana Lastra,Cecilia Gómez,Carmen
García, Aroa González.Subcampionas galegas de campo a través.

Duatlon
Henar Méndez Piñeiro. 10ª autonómica Tomiño,bronce provincial,subcampiona comarcal.

B)- Club: Club Atletismo Lourenzá.
Individual:
- Marcos Rodríguez. Ouro 3000 m35 pista cuberta. Prata Vet A Cros
- Marisa Ares. Ouro 400 m35 pista cuberta. Prat 200 M-35 p. cuberta. Bronce 50 M-35 pista cuberta.Prata VetAcros.
- Loli Piñeiro. Prata 800 e 400 M-35p. cuberta. Bronce 1500 M-35 p. cuberta. Campionacros. Prata400 m35 pista aire libre. Bronce 100 m35 aire libre. Bronce 800 m35 aire libre.
- OscarBuján. Ouro Seniorcros a Mariña. Subcampión Absoluto cros.
- Juan Méndez. Prata 400 m-35 aire libre

Equipos:
- Equipo Masculino campión cros comarcal a mariña lucense
- Equipo Feminino campión cros comarcal a mariña lucense