La Quintana representa "O premio" o 13 de novembro no auditorio municipal de Burela.

O Auditorio Municipal de Burela acolle a representación da obra O Premio a cargo da Cía. La Quintana, este sábado, 13 de novembro, ás 20:30 horas. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura.

Trátase dunha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal que se viron obrigadas a caer en O Premio como única fórmula de conseguir a felicidade. O Premio é un reallity en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida.

A obra de Santiago Cortegoso, baixo a dirección de Marián Bañobre, conta cun elenco artístico formado por: Raquel Espada, Victoria Teijeiro e Xurxo Cortázar.

O Premio recibiu o Pemio FETEGA 2021 a Victoria Teijeiro como Mellor Actriz e a Xurxo Cortázar como Mellor Actor, e Premio a Mellor Maquillaxe nos Premios de Teatro María Casares 2021. Ademais O Premio foi seleccionado como Espectáculo Recomendado do Catálogo de SAREA, Rede Vasca de Teatros.

Ao recibir en 2008 o Premio revelación, La Quintana consolídase como unha das grandes promesas da carteleira madrileña, realizando máis de 300 funcións en xira nacional e internacional actuando en Venezuela, Costa Rica, Guatemala, México e O Salvador.

As entradas estarán á venda na taquilla do auditorio, desde unha hora antes do comezo da función. O prezo é de 4 euros.