“La Sirenita, Tributo Musical” chega a Burela o 29 de decembro. As entradas xa están á venda

A Casa da Cultura de Burela acolle a representación de ‘La Sirenita, Tributo Musical’ a cargo de La Barbarie Teatro Musical e La Máscara Producciones. 

A representación terá lugar a partir das 18:00. Poderanse adquirir as entradas, dispoñibles a partir de 15€, na web giglon.com ou en El Corte Inglés. 

A ligazón completa para adquirir as entradas en liña para o evento é a seguinte: https://www.giglon.com/evento/la-sirenita-tributo-musical-burela 

O evento repasará as mellores cancións do coñecido clásico da animación, da man dun equipo de profesionais do teatro musical. Será unha ocasión perfecta para desfrutar con toda a familia na época do Nadal. 

Ademais, a programación musical no Concello de Burela inclúe tamén o día de mañá, sábado 16 de decembro, o concerto de rock infantil en galego de Pakolas ás 18:00 na praza da Mariña, e o Concerto de Panxoliñas organizado pola Coral Polifónica de Burela ás 20:00 o domingo 17 na Casa da Cultura.