Los Alcántara ofrecen un concerto na Praza do Souto, en Cervo, o 20 de novembro.

O Concello de Cervo organiza o concerto de Los Alcántara que se celebrará este sábado, 20 de novembro. A actuación terá lugar na praza do Souto, ás 21:00 horas.

Este concerto forma parte do ciclo O Son do Nordeste que levará, ata o vindeiro mes de decembro, varias actuacións de grupos con diferentes estilos de música en distintos emprazamentos do concello.

Los Alcántara ofrecen versións de cancións españolas das décadas dos 60 e os 70.