Lucus Ensemble ofrecerá un concerto o 14 de maio en Viveiro. A actuación enmárcase no programa "Musiqueando" da Deputación de Lugo.

O colectivo Pensamento e Sementeira organiza un concerto para o domingo, 14 de maio, a cargo do grupo Lucus Ensemble.

Esta actuación terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro a partir das 12:30 horas. A entrada é libre ata completar o aforo do local e a actividade inclúese no programa Musiqueando da Deputación Provincial.

Lucus Ensemble é unha agrupación musical mixta de vento e corda formada por músicos vinculados á cidade de Lugo. Nacía hai tres anos e a súa vocación inicial era preparar un repertorio fundamentalmente clásico aínda que se mostran abertos a traballar con outros sons dende a música popular á vangardista.

Con este concerto Pensamento e Sementeira quere celebrar o Día das Letras Galegas.