Lume Escénico representa en Trabada a obra “Pontenova Fassion Wiii” este sábado, 3 de febreiro

O grupo de teatro Lume Escénico, da Pontenova,  representará na Casa da Cultura de Trabada a obra titulada “Pontenova Fassion Wiii” este sábado, 3 de febreiro ás 21:00 horas.

Trátase dunha comedia para todos os públicos escrita por Guillermo Cancelo e a sinopse é: “A deseñadora Carme Fouzas, natural da Pontenova, recibe o Premio Nacional de Deseño de Moda, ocasión que aproveita a alcaldesa dese Concello para organizar un desfile e, dese xeito, desviar a opinión pública local da maraña de corrupción urbanística na que se atopa. O traballo da deseñadora chama a atención do mesmísimo Benancio Hortera, o cal fará todo o que faga falta para que eses deseños formen parte da súa nova colección”.