A Mancomunidade da Mariña distribúe máis de 100 exemplares do testamento do Mariscal Pardo de Cela.

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense distribúe máis de 100 exemplares do testamento do mariscal Pardo de Cela entre centros educativos, bibliotecas públicas da comarca e o futuro centro de interpretación, sito no Castelo de Castro de Ouro en Alfoz.

Ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola propia Mancomunidade coa colaboración da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, o ente supramunicipal vén de apoiar a re impresión da publicación El testamento del marsical Pardo de Cela. Noticia del hallazo y edición documental, que asina Eduardo Pardo de Guevara y Valdés -Profesor de investigación ad honorem do CSIC e Director honorario do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento-con edición da Editorial CSIC. Trátase dunha obra que da conta do achado do testamento e codicilo outorgado o 1 e 3 de outubro de 1483 polo mariscal, contextualizando, valorando e editando o propio documento e poñendo en valor a súa significación histórica. 

Desde a Mancomunidade indican que “se trata dunha acción enmarcada no proxecto de reactivación da Ruta Pardo de Cela, que está a ser desenvolta no territorio a cargo do vixente Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense e que inclúeo o deseño e execución do centro de interpretación de Pardo de Cela no Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz, para explicar unha das figuras máis emblemáticas da historia medieval de Galicia. Tamén inclúe a reactivación da coñecida Ruta Pardo de Cela –roteiro promovido nos anos XX pola Asociación Mundo Galea-, na que se traballa para darlle un enfoque eminentemente histórico e de maior alcance xeográfico ao longo da comarca a través de accións como a revisión dos espazos significativos relacionados coa vida do mariscal e situados en diversos concellos mariñáns, a re-definición do itinerario, colocación de sinais, etc”. 

E explican que “os obxectivos xerais destes proxectos en torno á figura de Pardo de Cela son aportar argumentos para a desestacionalización e enriquecemento de propostas culturais e educativas na Mariña Lucense; a redistribución de fluxos turísticos cara ao interior da comarca grazas ao atractivo do  centro de interpretación e a súa integración na Ruta Pardo de Cela  -retroalimentándose ambos recursos-; e comunicar o proxecto de forma axeitada  para que se perciba como unha acción integral, a Mariña como espazo referente da figura Pardo de Cela dentro de Galicia e favorecer o posicionamento do produto cultural no destino”.

Os exemplares do testamento de Pardo de Cela foron enviados aos colexios de educación infantil e primaria, institutos de educación secundaria, e bibliotecas públicas da Mariña Lucense, e a aquelas outras institucións que polo seu interese documental e histórico o requiran, para que poidan contar con esta publicación.