Milladoiro ofrecerá un concerto o 28 de agosto en Cervo na Fábrica de Cerámica de Sargadelos.

O grupo Milladoiro ofrecerá un concerto en Cervo o vindeiro sábado, 28 de agosto. Terá lugar na Fábrica de Cerámica de Sargadelos ás 21:00 horas con entrada de balde.

A reserva de entradas pódese facer a través do correo electrónico entradas@concellodecervo.com ou no teléfono 982 59 51 57, de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 horas. O aforo é limitado.

Colaboran na organización deste evento: Cervo Verán Cultura Segura e Xacobeo 21-22.