Mondoñedo acolle do 7 ao 31 de outubro unha exposición fotográfica sobre paisaxes da Mariña de Cristian Carabali.

A exposición fotográfica de CristianCarabali, que recolle imaxes de paisaxes da Mariña, chega no mes de outubro a Mondoñedo. A inauguración celebrarase este sábado, sete de outubro, na Sala de Exposicións do Centro Comarcal (Pazo de Santo Tomé), ás 17:00 horas. 

Esta exposición, que suma a décimo primeira que o fotógrafo fai na comarca, poderá visitarse dende o sábado día sete ata o 31 de outubro, tanto en horario de mañá de 10:00 a 15:00 horas, como pola tarde de 16:00 a 20:00 horas.

A mostra recolle imaxes de diferentes paisaxes da Mariña lucense e, no caso concreto de Mondoñedo, hai fotografías da Catedral e do Mosteiro dos Picos. Ademais, entre a imaxes seleccionadas para ser expostas na localidade tamén hai retratos que, segundo o autor, son atípicos, xa que responden a unha forma diferente de mostrar ás persoas.

CristianCarabali, autor autodidacta e amante da fotografía, feito que o levou a perfeccionar a súa técnica a través da formación online, precisa que as imaxes que se exporán en Mondoñedo son o resultado de técnicas variadas e moi diferentes ás usuais como poden ser os retratos baixo a auga.

Ademais, coa súa fotografía, Carabali busca recuperar o que a xente normalmente se perde dado os horarios que guían as rutinas diarias. Así pon como exemplos, imaxes de paisaxes coas cores características das primeiras horas da mañá ou dos atardeceres.