Mondoñedo acollerá un evento de concertos e freestyle en galego o 2 de decembro

A Asociación Xuvenil Xoldra, de Mondoñedo, organiza un evento de concertos e freestyle en galego para o día 2 de decembro, sábado.

Chámase Quedada Ceibarimas, será en Mondoñedo e haberá batallas de galos, micro aberto, concertos e máis actividades.