Nova exposición de Xosé Blanco no Castelo de Castrodouro en Alfoz, que se poderá visitar ata o 27 de xullo.

A exposición de Xosé Blanco: "Collages, Óleos, Estarcidos, Tintas", composta de 20 obras nas que se amosan distintas técnicas poderá visitarse na primeira planta do Castelo do Castrodouro ata o vindeiro 27 de xullo.

O horario de apertura do Castelo do Castrodouro durante os meses de xullo e agosto é de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas. 

Sobre o autor
A Estivada (O Valadouro), agosto de 1955. 
O autor conta que “os meus primeiros garabatos fíxenos, penso eu, sendo un neno, nas libretas, cadernos e pizarras da escola de Dna. Mercedes en San Tomé, ou nas paredes da miña casa, nas do muíño… A miña querencia por debuxar, naceu e medrou en min dun xeito natural e inconscente… Os primeiros estudos artísticos que fixen, foron por correspondencia, aos 13 ou 14 anos, nunha academia de Barcelona (CEAC). Aos 17 anos, matriculeime na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso da Coruña, e ao rematar estes estudos (1977), participei nas Experiencias de Tecnoloxía e Escola Libre de Sargadelos. Desde o ano 1979 ao 2016, traballei e formei parte do seu “Gabinete de Deseño”. Foi a cerámica de Sargadelos a miña principal actividade durante eses anos. Paralelamente, participei en exposicións colectivas e individuais dentro e fóra de Galicia, expoñendo os meus traballos de debuxo, pintura, gravado, cartelismo, deseño gráfico, etc. As miñas temáticas preferidas son as recreacións e interpretacións en imaxes da poesía, da natureza, dos contos populares… da memoria e das lembranzas que levamos dentro de nós todos os seres humáns”.