O 11 de decembro celebrarase en Barreiros o Mercadiño de Nadal. Haberá artesanía, alimentación, obradoiros e actuacións.

O 11 de decembro celebrarase en Barreiros o Mercadiño de Nadal. Será na praza do Concello (en caso de mal tempo, trasladarase ao pavillón) 

O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde. 

Dámoslle así a benvida a este tempo de alegría, familia e consumo. Haberá produtos de calidade e de proximidade. Tamén haberá actuacións musicais con Condensadores de Fluzo ás 12:30 horas e con Vida tola de Pajarito ás seis da tarde para o público infantil. Ambas son financiadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.