O 11 de febreiro chega ao teatro Pastor Díaz, de Viveiro, "O Tolleito de Inishmaan", de Contraproducións SL.

Contraproducións, S.L. presenta “O tolleito de Inishmaa” no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro o sábado, 11 de febreiro, ás 20:30 horas.

Baixo a dirección de Cándido Pazó, o elenco artístico está composto por Santi Romay, Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, María Roja, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro e Luis Iglesia.

A historia podería discorrer nunha aldea galega, pero é unha pequena illa irlandesa nos anos 30, con personaxes curiosas e pintorescas. Seres máis ou menos adorables ou odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil, transcender ese espazo pechado que está obrigado a habitar. Un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible, ser amado e valorado como calquera outro.