O 13 de xaneiro celébrase a VIII Festa dos Callos en Villamar (Barreiros). A comida será nun lugar pechado e contará con calefacción.

O sábado, 13 de xaneiro, celebrarase a VIII Festa dos Callos en Villamar, Barreiros.

A cita terá lugar no Campo da festa a partir das 21:30 horas e estará amenizada polo Dúo Epo-K.

O menú, elaborado por Azucena, estará composto por callos, costela asada con pementos e patacas, postre, viños, refrescos, café e chupito. O prezo é de 20 euros.
As reservas poden facerse nos números de teléfono 676 787 279 e 620 141 093, ata o 9 de xaneiro. A comida será nun lugar pechado con calefacción.

Esta festa está organizada pola comisión de festas de Villamar coa colaboración do Concello de Barreiros.