O 15 de maio a Casa da Cultura de Alfoz acollerá unha representación teatral e unha entrega de premios.

A Casa da Cultura de Alfoz acollerá este sábado, 15 de maio, unha representación teatral e a entrega de premios do Certame das Letras Galegas.

Ás 19:30 horas Teatro dos Quinquilláns representará A pluma viva de Rosalía, dentro da programación teatral en torno a Rosalía de Castro, subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial. A obra é para todos os públicos con entrada libre e aforo limitado.

Ás 20:30 horas celebrarase a entrega de premios do Certame de Debuxos e Narración Letras Galegas 2021 da Biblioteca Pública de Alfoz e a Biblioteca Pública de Lugo. Esta actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.