O 17 de maio terá lugar o cuarto Redescubrindo Alfoz con Guido Guía e Ana Pena, nova guía oficial da Mariña. A inscrición está aberta.

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, Guido Guía e Ana Pena guiarán a cuarta edición dos paseos guiados #RedescubrindoAlfoz, que comezaron no ano 2020 promovidos polo guía lugués e que ano a ano se consolidan como evento cultural para coñecer o territorio alfocego.

Será tamén unha gran ocasión de presentación do novo proxecto como autónoma de Ana Pena, guía local que ven de estrear "Guía tu día".  Natural de Foz e residente en Alfoz, é unha apaixoada desta profesión, e busca amosar e poñer en valor todas as marabillas desta comarca. “Estou moi contenta de comezar este novo proxecto como autónoma chamado #GuíaTuDía, e gratamente sorprendida da acollida que estou tendo. Xa teño varias visitas programadas de cara aos próximos meses”, comentou. 

As inscricións para esta actividade poden efectuarse a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com, o custo da actividade é de 10 € por persoa, 7 € para menores de 18 anos e gratis os menores de 4.