O 2 de setembro haberá teatro na rúa en Viveiro, grazas ao programa Buxiganga da Deputación de Lugo e ao Centro Comercial Histórico.

O sábado, 2 de setembro, ás 13:00 horas na Praza da Fontenova terá lugar a representación da obra “A Troita do Miño” da man da compañía Ti e Mais Eu Teatro.  

A iniciativa parte da Área de Cultura da Deputación de Lugo dentro do programa Buxiganga, Proxecto Teatral Afeccionado. Trátase de achegar ó publico actividades culturais de calidade, para dun xeito gratuíto encher o tempo de lecer estival. 

Un ano mais, a Asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro forma parte deste circuito cultural achegando o Teatro á Rúa. 

Nesta ocasión, a compañía Ti e Mais Eu Teatro representará “A Troita do Miño”, dirixida a un público infantil e familiar trata da época de sequia e cambio climático pola que atravesamos. O caudal limpo dos ríos, cheo de auga e de troitas é unha imaxe que pertence ao pasado. Esta obra fai unha chamada ás conciencias da especie humana para tentar parar o deterioro do medio. Os seres que habitan os rios xa están a tomar medidas para deter tanta destrucción, ata botan masn dun vello troiteiro para que nos traslade unha mensaxe: salvemos as nosas fontes de riqueza natural, salvemos os nosos rios!!

A "Troita do Miño" é unha proposta para tódolos públicos que se poderá desfrutar a partir das 13:00 horas na Praza da Fontenova e que terá unha duración aproximada dunha hora.