O 20 de setembro ábrese o prazo de inscrición no curso de bailes de salón que organiza a Concellería de Servizos Sociais de Burela.

O Concello de Burela abre este xoves, 20 de setembro, o prazo de inscrición no curso de Bailes de Salón, que organiza a Delegación de Servizos Sociais, Facenda e Mar.

As persoas interesadas en asistir poden achegarse ata a Casa do Concello para facer a súa inscrición, “dado que esta terá que ser presencial”, segundo indica a edil Patricia Otero. 

A concelleira de Servizos Sociais explica que “o curso de Bailes de Salón dará comezo o 2 de outubro e rematará o 18 de decembro. Terá lugar os martes e haberá tres quendas a elixir. A primeira de 18:45 a 20:00 horas, a segunda de 20:00 a 21:15 horas e a terceira de 21:15 a 22:30 horas.

As/os interesadas/os poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982 58 06 09.