O 25 de maio haberá en Alfoz un obradoiro de alimentación, hidratación e nutrición. A inscrición está aberta.

A actividade terá lugar no Centro Sociocultural de Alfoz en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Os destinatarios son familiares e coidadores de persoas dependentes e cidadanía en xeral.

O obradoiro será impartido por María Olga Roca Bergantiños, enfermeira supervisora da EOXI de Lugo.

As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no departamento de Servizos Sociais do Concello de Alfoz ou chamando ao número de teléfono 982 55 80 01.

Os asistentes a este obradoiro recibirán un certificado que acredite a súa participación.