O 27 de outubro terá lugar en Lourenzá o sexto sorteo da campaña da FCAM na que se poñen en xogo máis de 10.000 euros en premios ata o 10 de novembro.

Este sábado, 27 de outubro, celebrarase en Lourenzá o sexto sorteo da campaña da Federación de Comercio A Mariña que está a repartir máis de 10.000 euros en premios nos oitos sorteos que se desenvolven ata o 10 de novembro. En cada localidade participante póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a cada Asociación de Comerciantes participante. 

Pasado mañá celébrase o sorteo en Lourenzá. Será no kiosko da praza do Conde Santo a partir das 20:30 horas. 

As persoas interesadas en participar nesta importante campaña da FCAM deben gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e entrarán nos sorteos de 1.500 euros en vales de compra en cada unha das oito asociacións de comerciantes da Mariña que forman parte da FCAM.

Os sábados dos sorteos durante todo o día e en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas na carpa instalada pola Federación de Comercio A Mariña realizarase o canxe dos tíckets polas papeletas que lle permitirán á clientela do comercio mariñá participar nos devanditos sorteos, que serán presenciais e na mesma carpa.Todos dan comezo ás oito e media da tarde. 

Os seguintes sorteos serán o 3 de novembro en Xove e o 10 de novembro en O Vicedo. 
A FCAM reparte entre setembro e novembro máis de 10.000 euros premios, nunha campaña que está consolidada entre a poboación da comarca e que serve para reactivar as compras no comercio de proximidade durante o outono. Está financiada pola FCAM, pola Xunta de Galicia coas súas liñas de axuda ao comercio e conta coa colaboración da Federación Galega de Comercio. 

En Viveiro, en Covas, en Burela, en Ribadeo e en Foz xa se sortearon en total 7.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Casco Histórico, a Beiras de Viveiro, á Asociación de Comerciantes de Burela,  a Acisa Ribadeo e ao Centro Comercial Aberto de Foz.