O 31 de outubro celebrarase a Festa do Samaín no Ecomuseo Terras de Azul Cobalto, en Cervo.

A asociación Fervenza de Sargadelos celebrará o Samaín o vindeiro mércores, 31 de outubro. Os actos terán lugar no Ecomuseo Terras de Azul Cobalto, de Cervo, a partir das 18:45 horas.

Comezarán as actividades coa actuación do Mago Pi, ás 20:00 horas haberá unha chocolatada e ás 20:30 horas un concurso de disfraces e cabazas. Os premios serán dous paseos a cabalo en Cabaliño de Pao. No concurso poderán participar todas as persoas que o desexen e valorarase a orixinalidade tanto do disfraz como da cabaza.

A xornada rematará ás 21:00 horas coa Estantiga das Ánimas, desfile polo Rego Cachón ata a praza do Souto.