O 4 de marzo terá lugar na cidade episcopal a presentación do audio-libro "Mondoñedo no Camiño de Santiago a través das súas personaxes".

O vindeiro  venres, 4 de marzo, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, terá lugar a presentación do Audio-Libro titulado “Mondoñedo no Camiño de Santiago a través das súas personaxes”. Obra que conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, a Xunta de Galicia, a Escola de Música de Mondoñedo e a Coral Mestre Pacheco de Mondoñedo

A música da citada obra foi composta por Xan Carballal e o libreto é da autoría de Xosé Peinó. A mesma foi executada entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de abril de 2020.
En palabras dos propios autores do proxecto:

Esta obra relata o percorrido por parte do Camiño Norte de Santiago ao seu paso por Mondoñedo. Na obra queda patente os marcado patrimonio cultural que configura o Camiño Norte de Santiago, tanto da propia localidade se Santiago de Compostela coma fin do camiño na praza da Catedral, e a relación dos personaxes co Arcebispo Xelmírez, personaxe de indubidable importancia e que marcou as peregrinacións cara a Compostela.

Asemade, pon de manifesto tamén a importancia desta ruta, incluída a Catedral de Mondoñedo, declarada Patrimonio da Unesco.

Destaca o marcado carácter humano que representa o rei Afonso VII, Emperador de Galicia, a través das súas relacións cos personaxes que se suceden na. Foi na época na que está datada, cando comezaron a ter moito relevo as peregrinacións a Santiago, xa que a Catedral compostelá rematou a súa construción 1.122, iniciando deste xeito o novo camiño a Santiago como fin e culminación tanto social como espiritual e promovido polo Arcebispo Xelmírez personaxe importante da obra como difusor da cidade do Apóstolo en Europa a través do LIBER SANCTI IACOBI.

Os personaxes que se presentan son históricos, Afonso VII, personaxe central da trama, que foi coroado na Catedral de Santiago apoiado polos nobres galegos e polo Arcebispo Xelmírez.

A narración literaria está escrita por Pepe Peinó, a obra está integramente escrita en galego e complétase cun CD musical. Ao longo do libro detállase en que momento o lector ten que escoitar a música que se adxunta, a fin de completar a historia narrada. 

O libro-CD, que consta de 40 páxinas, está realizado en tamaño A4 apaisado, encadernado en tapas duras, cosido, e realizado en papel de alta calidade e a todo color. A Edición consta de 1000 exemplares.

En canto a sección musical integrada no CD, a música está composta polo director de orquestra lugués Xan Carballal e interpretada polo coro Mestre Pacheco da Escola Municipal de Música de Mondoñedo por músicos vinculados tamén a esta escola. A Edición consta de 1000 exemplares.

A obra foi impresa por UNICOPIA e o CD editado por ATLANTIA ENTERTAINMENT. 

As ilustracións foron realizadas polo ilustrador Antón Caxoto, e a fotografía corresponde a Pepe Peinó e Xulia Nogueira e a maquetación corresponde a Xulia Nogueira.