O bonito de Burela, o lacón galego e os pementos de Mougán serán os protagonistas das Exaltacións Gastronómicas de xullo en 50 locais da provincia.

O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde,o Alcalde de Burela e Presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense, Alfredo Llano, e oPresidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real,presentaron este luns,no Barco-MuseoBoniteiro de Burela, as xornadas Exaltacións Gastronómicas...E Para Comer Lugodo mes de xullo. Estas degustacións gastronómicas terán lugar entre os días 19 e 28 deste mes, en 50 establecementos de hostalaría de 23 concellos da provincia. 

Co programa Exaltacións Gastronómicas, a Deputación continúa apostando pola promoción dos produtos autóctonos de calidade como clave para reactivar a economía da provincia.Obonito de Burela, o lacón galego e os pementos de Mougán sonosprodutos protagonistas do presente mes. Cociñados baixo diferentes estilos, estes ingredientes serán introducidosnos menús dosrestaurantes que participan nesteprograma de promoción gastronómica da provincia E para comer...Lugo.

No acto de presentación tamén participaron o xerente de ABSA Bonito e Pescada do Pincho de Burela, Miguel Neira, o Presidente de AFAPAN, Cesar Fieiras Pérez etres hostaleiros da zona da Mariña, dos restaurantes A Lonxa, CerveceríaKiko e Casa Miranda,que amosaron os diferentes xeitos de cociñar o bonito do Norte.

Na provincia de Lugo, a Festa do Bonito de Burela acaba de ser declarada                                      de Interese Turístico Nacional. Un recoñecemento que revela a importancia económica, social e turística que ten a captura deste produto para a provincia. A lonxa de Burela é a principal lonxa de Galicia en comercializar este túnido converténdose durante estes meses na capital galega do bonito do norte. Nesta lonxa da Mariña Lucense, póxase máis do 68% do bonito de toda Galicia. En 2018, foron 1.110.000 quilos que supuxo un volume de negocio de 4.600.000 euros. A poxa de bonito do norte mantén un promedio, nos últimos 10 anos,  de 1.600 toneladas ao ano e uns 6 millóns de euros de volume de negocio. Ademais dos barcos locais, destaca a contribución da flota de barcos doutros portos do Cantábrico que acaban comercializando o bonito na lonxa de Burela. Nesta localidade lucense, etiquétase o produto cunha plástico de cor verde que acredita a súa captura artesanal con anzois para a súa posterior distribución en mercados e restaurantes.O verán é a mellor época para consumir en fresco este produto de temporada xa que entre os meses de xuño e setembro realizase a temporada de captura do bonito cuia pesca é artesanal  e selectiva.

Respecto ao Lacón Galego, a provincia de Lugo é líder en Galicia en número de granxas de porcino xa que conta con máis do 50% das explotacións porcinas galegas. O Lacón Galego é un produto de referencia na historia da gastronomía tradicional galega. É referenciado en multitude libros gastronómicos, entre eles, o de “A Cociña Galega” do escritor lucense Álvaro Cunqueiro obra cume da gastronomía da terra galega publicada en 1973.

En canto aospementos de Mougán, o concello lucense de Guntín é o maior produtor desta hortaliza e o lugar onde se ubica a sede da súa Indicación Xeográfica Protexida. Entre 5 o 6 hectáreas dedícanse a este cultivo principalmente ao aire libre. Só o 30% prodúcese en invernadoiros. Ao redor de 6 produtores comercializan estes produtos da horta baixo a Indicación Xeográfica Protexida “Pementos de Mougán” chegando a poñer no mercado ao redor de 8 o 9 toneladas. Pola contra, a produción de pementos de Mougán na provincia de Lugo é maior acadando as 17 ou 18 toneladas xa que existen entre 40 e 50 produtores que os comercializan sen traballar baixo o amparo da IXP. O Pemento de Mougán acada un prezo medio de 4 euros por quilo. 

As Exaltacións Gastronómicas promocionan os sectores produtivos da provincia
O obxectivo destas xornadas é dinamizar o sector servizos e desestacionalizar o consumo dos produtos co fin de darlles continuidade fóra das épocas de produción.Vidal Baamonde destacou que “coa campaña Exaltacións Gastronómicasque promovemos coa Asociación de Hostalaría de Lugo APEHL,fomentamos o turismo gastronómico na provincia, cada vez máis en alza. Con esta iniciativa poñemos en valor taména excelente calidade da gastronomía lucense a través da degustación de produtos acreditados cos selos de Indicación Xeográfica Protexida (IXP), de Denominación de Orixe (DOP), e de Raza Autóctona con selo de calidade que teñan representación na provincia. Ademais de apoiar aos nosos produtores tamén contribuímos a dinamizar o sector servizos da provincia xerando riqueza económica”.

Calendario de Exaltacións Gastronómicas
Cada mes realizaranse estas xornadas gastronómicas exaltando diferentes produtos da provincia. Cada unha terá unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro. Os locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos que conteñan os alimentos seleccionados en cada mes.Na web da Deputaciónwww.deputacionlugo.galeenwww.eparacomerlugo.compódese consultar os restaurantes participantes, as datas e os produtos que se exaltan cada mes.