O castiñeiro de froito será o protagonista dunhas xornadas que se desenvolverán en Alfoz os días 18 e 25 de marzo.

A Reserva da Biosfera Terras de Miño da Deputación Provincial de Lugo levará a cabo en Alfoz unhas Xornadas sobre castiñeiro de froito os días 18 e 25 de marzo.

O horario será de 10:00h a 14:00h ambos días e o lugar de realización o Salón de Actos da Casa da Cultura.

A primeira xornada, 18 de marzo, será teórica e incluirá toda a información sobre:
1.    época de plantación
2.    preparación do terreo
3.    elección da planta (boas aptitudes para froito, madeira e/ou ambas)
4.    liñas de axudas para o fomento da plantación e recuperación de soutos (Neste momento está aberto o prazo de solicitude)
5.    normativa legal na plantación, distancias, tipos, corta....
6.    coidados: guía de cultivo
7.    pragas e enfermidades
8.    beneficios que pode xerar
9.    mercado do sector da castaña

A segunda xornada, 25 de marzo, será de práctica de poda de castiñeiros. Á mesma hora e con saída desde a Casa da Cultura cara Lagoa, onde se realizará a poda.

Docente: Pablo Antonio Fraga Gontán (Enx. T. Agrícola). Inscrición previa e información no Concello de Alfoz tfno: 982 558 001 (ext.2). Gratuito. Aberto a público en xeral.