O CB Celtas, de Foz, organiza unha comida baile para o 23 de marzo

O Club Baloncesto Celtas, de Foz, organiza unha comida baile para o 23 de marzo, sábado. Estará amenizada por Mia Disko. O prezo é de 35 euros por persoa.

“Queremos contar con todos vós nesta data: socios, simpatizantes, xogadores, familias, etcétera. Agardamos unha xornada distinta á que estamos acostumados no pavillón, na que poder pasar un bo rato entre os asistentes”, explica a organización.