O CCA de Burela celebra o día dos inocentes co reparto de 1.000 sobres con premios ou monigotes.

Por cada compra entregarase un sobre que pode ter un boneco de papel ou un vale de compra para canxear no comercio local

O Centro Comercial Aberto de Burela volve a preparar este sábado a súa actividade dos inocentes con centos de euros en vales de compra para o día 28 coincidindo cos Santos Inocentes.

Este día, como ven sendo tradicional, é a xornada das bromas e na que tradicionalmente se lle colga a alguén un monigote de papel nas costas e, cando se decata disto, a xente ao redor cántalle: “inocente, inocente”.

Para festexar e potenciar este día tradicional, os establecmentos asociados a CCA Burela repartirán 1.000 sobres este día. Algúns terán premios en vales de compra e outros simplemente o monigote de papel, e se non toca o premio sempre o poderás poñer nas costas de alguén porque, tamén coas bromas estamos medrando xuntos.