O CCA de Foz organiza o I Concurso de Decoración Nadal no Fogar e tamén o tradicional Concurso de Escaparates.

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza o I Concurso de Decoración Nadal no Fogar. Na cita poderá participar calquera persoa que o desexe enviando foto do seu recuncho de Nadal. 

Segundo explican desde o CCA “para decorar os fogares poderanse empregar todo tipo de materiais e detalles. E algún deles tería que se adquirido nos establecementos asociados a Acia/CCA. As persoas que se inscriban para participar neste concurso deberán detallar en qué tenda fixeron esas compras decorativas”.

As persoas interesadas en participar no I Concurso de Decoración Nadal no Fogar teñen ata as dúas da tarde do vindeiro 18 de decembro para inscribirse no seguinte correo electrónico: aciafoz@gmail.com 

O 20 de decembro publicaranse todas as imaxes recibidas no facebook do CCA de Foz. Gañará a fotografía que reciba más me gustas. A votación pecharase o 6 de xaneiro ás dez da noite. Haberá un premio de 100 euros en vales de compra para consumir nos negocios asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz. A entrega será o 15 de xaneiro. 

Ademais Acia/CCA convoca o Concurso de Escaparates no que poderá participar calquera establecemento asociado. Esta nova edición desenvolverase entre o 16 de decembro e o 6 de xaneiro. Os negocios deberán enviar as fotos por correo electrónico á asociación. Haberá tres premios, consistentes en diplomas e obsequios. Un para o escaparate que reciba máis apoios en facebook e dous para os elixidos polo xurado profesional que avaliará as diferentes decoracións.