O Centro Comercial Histórico de Viveiro sorteará máis de 5.000 euros en premios este Nadal. A súa programación inclúe música, ruleta, soldos...

O 5 de decembro comeza a campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro. Desde a asociación explican que por cuarto ano consecutivo seguimos apostando pola decoración das rúas para dar un ambiente o máis navideño posible e que luzan espectaculares.  

As rúas respiran aire de Nadal ca decoración de abetos naturais colocados nas entradas dos comercios, que cada un adornará votando man da imaxinación. Abetos que despois da campaña navideña prepáranse para seren replantados no Monte San Roque polos nenos dos colexios da zoa, dando máis vida a estes árbores. A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano e que este ano amplíase uns metros máis.  

Este ano, como novidade, instalaremos na Praza Maior de Viveiro unha árbore de luces que alcanzará os 9 metros de altura, para dar un toque aínda máis luminoso si cabe e que servirá de escenario para os “selfies” navideños. Faremos un sorteo nas redes sociais en colaboración con Cines Viveiro, e o que suba unha foto có selfie máis divertido gaña “un ano de cine gratis”. O acendido realizarase o dia 5 de decembro e durará ata pasado o dia de Reis. 

Dentro das actividades da campaña de nadal, contaremos dende o día 21 ata o 24, ca “Casita de Papá Noel” instalada na Praza Maior en colaboración có Concello de Viveiro, onde dende as 17:30 ata as 20:30 da tarde os nenos poderán desfrutar de Papá Noel, sacarse fotos con el e levar un montón de caramelos.  

Do 26 ó 29 de decembro a casita de Papá Noel converterase na casita solidaria, en colaboración con Dignidad Viveiro recolleranse alimentos, roupa e xoguetes para as familias máis desfavorecidas.  

O domingo 23 de Decembro teremos “Nadal na Rúa” da man do Coro Tempus Fugit que encherá de música as rúas do Centro Histórico. Ó estilo do que se fai en moitos lugares europeos, nos que viven as panxoliñas en plena rúa, a agrupación percorrerá os lugares máis emblemáticos da cidade para ofrecer o seu repertorio de Nadal . Será a partir das 18:30 horas. 

Para premiar a fidelidade dos clientes que ano tras ano confían e apostan polo comercio local para facer as súas compras sortearanse máis de 5.000€ en premios. Serán inicialmente 1.500€ os que se poñan en xogo na “Ruleta do Nadal”, que se colocará os días 21, 22 e 23 na Praza Maior. Será moi sinxelo acadar premios, por cada ticket de 20€ en compras terase dereito a unha tirada e gañas un premio directo.

E a partires do mércores 26 cas compras realizadas nos comercios asociados entregaranse as papeletas para entrar no sorteo de 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, serán 100€ ó mes durante 1 ano para cada un dos 3 agraciados. O sorteo farase o 4 de xaneiro de 2019 ás 20:30 horas na Praza Maior de Viveiro, e as papeletas iranse entregando ata ese mesmo día. Este sorteo vai xa pola 7ª edición e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal… Só temos que ver como ano tras ano se abarrota a Praza Maior para tratar de acadar un dos tres fantásticos premios.  

Tamén participaremos na campaña “Merca e gaña polo Nadal” da man da Deputación de Lugo e a Federación de Comercio provincial, onde se porán en xogo 10.000€ en tarxetas regalo. A forma de participar é moi sinxela, basta con sacar unha foto ó tícket de compra e subila á web www.nadalmercaegana.com. Con cada tícket unha posibilidade de gañar algunha das 20 tarxetas prepago de 300€ e 200€. 

Neste mes de decembro os negocios abrirán as súas portas en algúns días festivos para que os clientes poidan realizar as súas compras navideñas no comercio local, sen ter necesidade de desprazarse. As aperturas serán o sábado 8 e os domingos 23 e 30 de decembro. 

Un ano máis as rúas de Viveiro respirarán un ambiente navideño espectacular, e todos os clientes serán premiados con miles de premios e sorteos.