O Concello de Alfoz programa actuacións musicais para os sábados 7 e 14 de outubro.

O Concello de Alfoz programa actuacións musicais para os sábados 7 e 14 de outubro no salón de actos da Casa da Cultura. Serán ás 20:00 horas, con entrada libre e para todos os públicos.

A organización explica: “o sábado 7 contaremos con Cándido Paleo e o sábado 14 coa Rondalla Latexos para disfrutar da música de distintos estilos e de formacións ou intérpretes da zona”.